Saturday 04 de May de 2024

Feijóo destaca a Gallego Jorreto como unha referencia indiscutible e salienta que a paisaxe urbana da Galicia actual debe moito a profesionais coma el


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a Manuel Gallego Jorreto como unha referencia indiscutible e salientou que a paisaxe urbana da Galicia actual lle debe moito a profesionais coma el.

Durante a inauguración das VI Xornadas da Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea, na que se fixo entrega do recoñecemento desta entidade a Gallego Jorreto, un arquitecto comprendeu enseguida as claves da nova arquitectura, aberta á exploración, pero tamén a explotar a potencia expresiva da sinxeleza.

“Gallego Jorreto é todo un exemplo a seguir”, dixo, incidindo na coherencia dos seus plantexamentos, na súa entrega profesional, na súa natureza reflexiva, na súa preocupación polo papel social da arquitectura ou pola vontade de adaptacion ás necesidades das persoas ou institucións ás que vai dirixida a súa obra.

A maiores, Feijóo tamén puxo en valor a relevancia de Manolo Paz e da fundación que leva o seu nome. Nesa liña, valorou que cada unha das obras de Manolo Paz alberga una profunda reflexión sobre a cultura autóctona, os seus significados, os materiais usados e o seu diálogo constante co lugar no que van habitar.

Para concluír, Feijóo enxalzou tanto a Manolo Paz como a Gallego Jorreto por ser “son un complemento perfecto” ao que Galicia aspira.